Friday 03 de May de 2024

O Pleno de Frades solicítalle por unanimidade á Deputación a construción dunha senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo


Os concelleiros de todos os grupos municipais doan 6.600 euros das asignacións do primeiro semestre 2020 a Servizos Sociais e accións de protección da saúde co gallo da COVID-19
O Concello de Frades vén de celebrar a súa sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de maio, que tivo lugar por primeira vez de forma telemática de acordo coas recomendacións das autoridades sanitarias. Unha distancia física que non foi tal á hora de chegar a acordos, pois todos os puntos da orde do día foron aprobados por unanimidade.
Así, os tres grupos municipais coincidiron en volver a solicitarlle á Deputación Provincial da Coruña que inclúa o proxecto “Mellora da seguridade viaria na estrada provincial DP-3802 Ordes-Ponte Carreira, Pk 14.45 a Pk 16.825, na marxe esquerda” no programa de sendas peonís das estradas de titularidade provincial. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, explica que se trata “dunha obra moi necesaria para unir o núcleo de Aiazo co núcleo urbano de Ponte Carreira”.
O Concello de Frades xa pediu formalmente no ano 2009 a inclusión de catro proxectos de sendas no Plan de Seguridade Viaria da Deputación da Coruña nos núcleos de Cimadevila (Frades), Vistalegre (Galegos), A Torre (Aiazo) e Moar (Moar), por esta orde de preferencia. “A día de hoxe están feitos os dous primeiros proxectos, que supoñen 1,5 quilómetros de senda peonís polo que cremos que somos un dos concellos da provincia con menos quilómetros nos que os nosos veciños e veciñas poidan camiñar polas vías provinciais sen perigo de atropelos, ao non dispoñeren de apenas beiravías para a seguridade dos peóns”, explica Rey Martínez.
POS+Adicional e doazón
O Pleno municipal acordou tamén por unanimidade o destino dos 153.403,29 euros do POS+Adicional achegado pola Deputación da Coruña. Así, 32.295,43 euros serán destinados a gastos sociais extraordinarios derivados da COVID-19 como: adquisición de medios de prevención, atención de persoas vulnerables e ampliación das partidas destinadas a garantir ingresos suficientes ás familias. Os outros 121.107,86 euros serán destinados ao financiamento de gasto corrente tales como mantemento e mellora de accesos a núcleos de poboación, limpeza viaria, mellora da estación depuradora de augas ou mellora do alumeado público.
Así mesmo, todos e todas os/as concelleiros/as de Frades acordaron doar a parte individual da asignación a grupos políticos correspondente ao primeiro semestre de 2020. Unha doazón que suma un total de 6.600 euros e que será destinada á atención das necesidades dos veciños

Cimadevila S/N – 15686 Frades (A Coruña). Telf: 981 695 567

Prensa: 618 868 447 ( Carlos Suárez)

e veciñas de Frades durante e despois da crise sanitaria causada pola COVID-19. As liñas de
axuda serán xestionadas polo Concello de Frades a través dos Servizos Sociais e irán
destinadas a alimentación, produtos de hixiene persoal e do fogar, medicamentos, axudas ao
aluguer, axudas para subministracións básicas, axudas para material escolar, axudas de
emerxencia social así como axudas a autónomos e empresarios que estean a pasar por
dificultades económicas ocasionadas pola crise sanitaria.
Finalmente, o pleno municipal aprobou definitivamente dúas alteracións da cualificación
xurídica de dous camiños e o Plan Municipal de Defensa contra Incendios Forestais do
Concello de Frades. Un documento froito da adhesión do Concello de Frades ao convenio de
colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e a Empresa Pública de Servizos
Agrarios Galegos SA (SEAGA). O plan integra as actuacións de prevención e defensa contra
os incendios forestais no municipio, conforme ao previsto na lexislación galega de
emerxencias.